Txoko

Txoko (palabra vasca que significa recuncho ou sitio pequeno) é o nome que reciben os locais sedes de sociedades gastronómicas, que poden ser tamén recreativas ou deportivas, creadas no País Vasco. Nalgúns lugares do país, principalmente en Guipúscoa, coñéceselles tamén co nome de sociedades. En Navarra tamén lles chaman "peñas" e participan activamente na organización das festas, as de Pamplona coñécense como peñas sanfermineras.

Estas sociedades están compostas por socios que moitas veces pertencen a unha mesma cuadrilla, e utilízanse para realizar ceas e comidas, ben entre os socios, ben entre un socio e os seus invitados.

Normalmente págase unha cota que serve para liquidar os gastos comúns e logo cada socio paga o gasto que el realiza. Os socios adoitan ser homes, ata datas recentes as mulleres tiñan prohibido o paso ás sociedades (aínda queda algunha nas que non poden entrar como a Sociedade Gaztelubide de Donostia). De todos os xeitos é común que non poidan entrar na cociña.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search